Saturday 20 de April de 2024

A Exposición Antolóxica do Premio Luís Ksado poderá verse en Ferrol durante máis dun mes


A mostra permanecerá aberta no centro cultural Torrente Ballester ata o 5 de abril

O presidente da Deputación inaugurou xunto ao alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, a exposición antolóxica co premio Luís Ksado que chega hoxe ao centro Torrente Ballester.

Estará alí ata o 5 de abril, momento no que viaxará en Vigo e Vilagarcía. Esta é unha mostra itinerante que comezou en Santiago, no Museo do Pobo Galego, pero que pretende chegar non só a localidades da provincia, senón tamén de fora dela e incluso ao resto de España.

A mostra inclúe todos os traballos gañadores de Premio Luís Ksado dende a súa creación en 1997. A exposición organízase co obxectivo de poñer en valor tanto as instantáneas como aos profesionais, coma o propio galardón polo seu décimo aniversario.